es gl en

Rehabilitación do antigo cinema París

Muros. Xullo de 2011
Autores: Jorge García, Fernando Eiroa
Colaboradores: Miguel Veira
Promotor: Concello de Muros
Estado: Segundo premio en concurso
Rehabilitación do antigo cinema París

O inmoble do Cinema París de Muros posúe unha significación importante dentro do centro histórico, non só polas súas dimensións, senón tamén polo seu uso singular, dotándoo dun carácter público historicamente reseñable que aínda perdura na memoria da vila.

A súa fachada intégrase na fronte marítima, situándose en primeira liña de mar, nun dos enclaves máis públicos e transitados da vila de Muros, xa que se trata dun espazo porticado acorde cos característicos soportais.

A primeira estratexia de proxecto consistirá en reforzar as intencións expostas polo Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Muros. O nivel de protección en "Edificios de características singulares e de elevado valor arquitectónico, histórico e cultural" define como caracteres determinantes o sistema estrutural murario e os soportais, que se respectan de tal maneira que configurarán o espazo fundamental da proposta.

O resto de elementos catalogados, (xanelas, cornixas, decoración en fachada, relevos con motivos modernistas, falsos teitos de madeira e palco interior) restáuranse e unifícanse todos eles coa cor branca que xunto coa pedra configuran toda a fronte marítima de Muros.

Este equipamento sociocultural divídese en dous partes diferenciadas.

Unha zona pública materializada nun vestíbulo relacionado co soportal e coa sala por medio de carpinterías abatibles e a galería da planta alta que se propón como salga de exposicións orientada cara á ría.

O escenario, accesible desde a sala mediante ramplas e utilizado como almacén de butacas, marca o espazo de transición coa área privada onde se atopan os espazos para actores e técnicos cun acceso restrinxido a través dun patio de descanso e desafogo que actúa de transición coa rúa Clavel.

Rehabilitación do antigo cinema París Rehabilitación do antigo cinema París