ORDENACIÓN FESTIVAL DO NORTE 2014. Premio en categoría Arquitecturas Efímeras en los XVI Premios COAG

En colaboración con Rebeca Eiras Bohorque

Tras 13 anos conmemorados na localidade de Vilagarcía de Arousa, o Festival do Norte móvese ao paraíso da Illa de Arousa. Con iso, comeza unha nova etapa chea de novidades, ademais de música, o festival contará con diversas actividades e espazos que permitan disfrutar da marabillosa contorna. Esta renovación do concepto de festival, require un proxecto de planificación para as tres zonas onde se desenvolverán as actividades:

O escenario principal no Porto do Aguiuncho.

O escenario urbano na Praza do Regueiro.

A zona chill-out na praia de Area da Secada.

Finalmente, completarase o programa con concertos no Auditorio Municipal que se encontra perfectamente acondicionado.

 

No escenario principal plantéxase a ordeación de tódalas pezas que o configuran e un peche perimetral que delimite o recinto, incorporando a porta de acceso cun sistema construtivo que tamén permite dar resposta para delimitar zonas interiores ou resolver os diferentes postos de venta.

Na Praza do Regueiro deséñase unha envolvente para un pequeno esceario, así coma un posto de venta.

Na praia de Area da Secada tamén se define o mesmo posto de venta, ademáis de unha cabina para un DJ.

En paralelo existen pezas de soporte para paneis informativos e publicitarios.

 

Os materiais a empregar, son reciclables e sostibles, realizados con madeira.

O escaso tempo para desenrolar o proxecto e a súa posterior montaxe e desmontaxe en poucos días, deriva na decisión de traballar con palés cun sistema construtivo por hiladas horizontais e verticais que permiten construir muros e demáis elementos.

O sistema combina as vantaxes estruturais tradicionais dos palés coa inercia e rixidez acadada cunha xeometría quebrada. Todo elo potencia a estética da repetición de elementos iguais.

Este mesmo sistema permitirá, do mesmo xeito, construir muros de unha ou dúas alturas, a portada de acceso ou os postos necesarios para o traballo da organización.

 

O sistema estrutural é autoportante. Ningún dos elementos propostos soporta carga ningunha polo que as solicitacións serán únicamente frente ao vento.

Por outra banda, este sistema permite a compartimentación de tódolos espazos, dunha forma permeable, mantendo as conexións visuais.

O proxecto pretende que os mesmos elementos actúen coma estrutura, peche e acabado ao mesmo tempo.

 

Toda a obra é reciclable e sostible xa que as pezas se utilizan en réxime de aluguer, polo que no proceso de montaxe e desmontaxe se recupera un 90 % do material empregado.