CONCURSO DE IDEAS PARA EL JARDÍN CLAUSTRAL DEL MUSEO PROVINCIAL DE LUGO.

En colaboración con Miguel Veira Esperante.

Antigamente considerábase que comer noces fomentaba a intelixencia pola similitude na súa forma co cerebro humano. Actualmente, debido non á súa forma, senón aos seus valores nutricionales, demostrouse que así é.

 

A intervención paisaxística no claustro do convento de San Francisco que actualmente forma parte das dependencias do Museo Provincial de Lugo, pretende ser totalmente respetuosa co espazo claustral. A proposta quere manter o espírito tradicional do claustro como lugar de meditación para devolver ese contido que se foi perdendo co devir histórico.

As estratexias de actuación para a rehabilitación do espazo por medio dunha dotación artística nas áreas de axardinamento do claustro virán determinadas polos dous elementos preexistentes, o pozo e a nogueira.

O pozo como monolito presidente do patio serve como elemento de referencia caracterizador da actuación.

A nogueira, e máis concretamente os seus froitos caidos, pretenden evocar as pequenas estanzas propostas na intervención, como espazos individuais envolventes entendidos como lugares onde poidan florecer as ideas, tanto individuais como colectivas.

Estes pequenos cubículos baséanse na cadeira Ball deseñada en 1963 por Eero Aarnio, fabricada en polietileno 100% reciclable, adaptada para o exterior, como peza que se finca no chan, desprazable e rotacional permitindo multiplicidade de usos, dende a individualidade ata o colectivo.

Un lugar de meditación, de reflexión e de pensamento dentro do espazo de desafogo concibido dentro do complexo monacal orixinal, como icona do deseño que permite recoñecer a actuación á vez que a súa integración, respecto e preservación dentro do monumento.

Unha peza que se interrelaciona funcional e visualmente e que admite a inclusión de novos contidos.

Un elemento que, en función do seu número, modifique a calidade e a ordenación formal do espazo.