UNHA HOMENAXE A MANUEL MARÍA NA PENÍNSULA DA TORRE

CONCURSO DE ARQUITECTURA EN TERMOARCILLA ORGANIZADO POR EL GRUPO CAMPO. 2005. PRIMER PREMIO.

En colaboración con José Carlos Barreiro Roca.

As poucas intervencións que se levaron a cabo na península da Torre manteñen en certa medida a imaxe orixinal do entorno. O tratamento destes elementos naturais, na súa vertente poética, relacionaráse coa literatura de Manuel María para lembrar ó poeta.

Unhas ruinas situadas ó pé da Torre, que miran cara ó mar, suxiren sensacións recoñecibles en parte da súa obra paisaxística.

Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1929_A Coruña, 2004) é o primeiro poeta galego dado a coñecer despois da guerra civil.

A resonancia que ofrece tanto a obra literaria como o conxunto da súa actividade persoal de gran trascendencia na vida social e cultural de Galicia preténdense condensar nun espacio singular da península da Torre, evocando a Fisterra herculina, onde pasou os derradeiros anos da súa vida.

Será un lugar onde disfrutar das postas de sol, un pozo de pedra para escoita-lo vento, senti-la néboa e notar que o tempo para. Un espacio homenaxe que fale de Manuel María a través da súa propia voz, a súa obra literaria.

A proposta é un percorrido a través dun espacio aberto, sen ataduras, con matices. Seguindo os camiños que percorren a loma sur, atópanse unha serie de muros en ruinas que enmarcan diferentes visións do entorno e que lembran o paso do tempo, o discurrir do día e da vida falados por el. De seguido, báixase para protexerse do vento, do mundo; reflexiónase, sen presa, ata o momento de continua-la viaxe cara adiante, mais tendo conciencia do ciclo vital do que non se pode escapar; a liña do horizonte enmarcada, a visión da fin tendo todo un camiño por diante.

Fisterra

Cheguei a Fisterra, alí onde

o sol desmaiado e silandeiro

morre no mar como unha bágoa.

Todo o peso da lenda

cae no meu corazón:

tal unha pedra

no escuro noitébrego dun pozo.

Ollo pasar o vento

purísimo e despido:

a súa voz é laio arrepiado

na imprecisa néboa do meu ser.

Cheguei ata Fisterra,

fin do mundo:

aquí

o tempo inmobilízase

e a vida comeza a súa

inexorábel conta cara atrás.

 

(Versos do lume e o vagalume.

Peregrinaxes. 1982)